A forza do patriarcado na Galiza

O patriarcado usa a doutrina da piedade filial para estabelecer xa desde a familia un sistema de submisión ás autoridades. Esa doutrina ten moita influencia na sociedade galega e mutila as posibilidades da Galiza, pois que a ancora no pasado e nunha estrutura emocional de fondo autoritario.

A doutrina da piedade filial santifica aos pais e víraos ídolos aos que hai que amar e obedecer ainda que actúen con tiranía, irresponsabilidade e inxusticia. Logo eses padróns de aceitación da autoridade tiránica e caprichosa repítense en todas as estruturas e levan ao acatamento ás autoridades, porque, como na familia, hai que lles dar o amor e respeito que merecen os ¨superiores¨.

A doutrina da piedade filial bota sobre os fillos a carga dunha dívida imensa e impagável cós pais que ¨lles deron a vida¨ e obrígaos a ceder e obedecer en todo. Conséguese así que todos os humanos naszan como servos ou escravos e que só podan subir de categoría se chegan a patriarcas e autoridades. Esa doutrina está moi adentrada na Galiza e insire un forte sentimento de culpabilidade e medo a non responder ao que os pais queren. Leva a que os galegos sintan que teñen que ceder e renunciar a facer a propria vida e cría unha sociedade voltada para dentro, debilitada e malograda, que entende a independencia como unha traición á familia.

A piedade filial ten moita forza no galeguismo e no nacionalismo galego e fai que se vexa Galiza como unha nai ¨vella¨ que xa ten a vida feita e coa que hai que ser ¨bons fillos¨ e portanto ceder e renunciar á independencia persoal.   Hai tamén que atallar calquer mudanza para non dar preocupación e disgustos á ¨nai¨. Ver Galiza como unha figura feminina sen idade e sen maternidade sería impensável e até escandalizaría, mas esa visión da Galiza-Nai leva a repetir en todas as estruturas políticas e sociais os padróns da típica familia do patriarcado, posesiva, tiránica e inxusta.  A forza que teñen as nais no patriarcado está ao servizo do sistema e fai que se ansíe a dictadura emocional e a dependencia.  A rivalidade, o cainismo, a endogamia, o espírito impositivo e a tendencia a adormecer que se observa na estrutura galeguista-nacionalista ven de que cada un dos ¨bons fillos¨ pensa que abonda con ser ¨moi de familia¨ e aspira a situarse e actuar como o favorito da Nai-Galiza. Deixar de ver a Galiza como a típica nai do patriarcado que domina aos fillos e os estreita e diminúe , e empezar a vela como unha figura espiritual que precisaria levar a efeito a sua singularidade e forza, axudaría a quebrar as pautas inermes e os círculos viciosos que impón o patriarcado.

Advertisements
Advertisements
%d bloggers like this: