Pornografia feminina

Na pornografia masculina o sexo é agresivo e sen sentimento e a muller queda reducida a obxeto e instrumento sexual ao servicio do home. As mulleres son dominadas có órgano viril, só valen para iso e iso é o que queren. O sexo pódeo todo. O home domina e anula á muller. Ainda no caso de que a muller faga o papel de dominadora, faino como instrumento para lle dar pracer ao home.

A pornografia feminina ven sendo a industria do corazon. Esta pornografia non se basea no sexo, senon no amor. O amor pódeo todo. No corazon non se manda. Arrasta, como o sexo arrasta aos homes. Nesta pornografia a muller domina e anula ao home có amor. Nas duas pornografias, a masculina e a feminina, a finalidade é a mesma: dominar e anular ao outro con distintos meios. O que importa é gañar e anular.

Na pornografia masculina o sexo é ¨cerebral¨, sen emocion nen sentimento. Na feminina o amor é emocion cega, sen mezcla de intelecto nen de intelixencia. Sexo e amor son, nas duas pornografias, forzas primarias e absolutas polas que hai que se deixar levar e que hai que satisfacer por cima de todo. A vida sen iso non ten sentido. As duas apresentan esas tendencias como se fosen a verdade mais profunda, o que define aos homes e ás mulleres e a relacion auténtica entre eles. Ese gran engano leva a que os homes se sintan frustrados se non teñen sexo todo o tempo con mulleres como as da pornografia, e a que as mulleres se sintan frustradas se non teñen amor todo o tempo cun home que as faga felices e sexa como os das novelas rosa ou como os guapos e ricos das revistas do corazon. Son industrias que, como a da cómida rápida, enganan e dan sensacion de satisfacion ainda que crian ansia e fame para que se consuma cada vez mais. Estas duas grandes frustracions e ansias insatisfeitas son manexadas polas industrias respectivas, a do sexo e a do corazon, que estan entre as que mais diñeiro producen. E as duas alimentan e fomentan o patriarcado.

Se, adoutrinados polo patriarcado coa axuda das pornografias respectivas, os homes cren no sexo e as mulleres no amor, iso xa fai moi difícil que o matrimonio ou a union de parella entre home e muller poda sair ben. O mais probábel é que nengun dos dous encontre o que buscaba, e menos nestes tempos nos que se aspira ao matrimonio con amor e sexo eternos e satisfactorios que den a ¨felicidade¨ á que, segun a industria do corazon, temos direito todos. E para pór en práctica ¨o direito a ser feliz¨ hai que anular aos demais, que é o que precisa o patriarcado.

Advertisements
Advertisements
%d bloggers like this: