Matrimonio e familia

A idea que impuxo o patriarcado do que ten que ser a familia foi a da familia tribal ou clánica, a familia unida contra os demais, que debe protexer aos ¨seus¨ por cima de todo, con xusticia ou sen ela, e que debe exixir obediencia absoluta aos patriarcas da terra e do ceo. Esa idea foi apoiada e fomentada por todas as relixions, ou, para sermos mais exactos, polos que amañaron versions patriarcais de todas elas.

O mellor exemplo de como debe funcionar a familia patriarcal está na mafia, que por algo se chama ¨A Familia¨. A mafia oferece proteccion a cambio de obediencia cega e disponibilidade total a facer calquer cousa pola Familia. Non facelo é traicion que se paga coa morte. A lei principal é a de ¨ollo por ollo e dente por dente¨, para gañar e manter a posicion. As persoas non contan para nada: son pezas do clan, e a sua vida non ten mais sentido que o de cumplir o destino decretado, que é o de servir ao clan no que nasce, se é varon, e ao clan do patriarca có que casa se é muller.

Fálase nestes tempos de que a familia rompeu, cando menos nos países mais adiantados. O matrimonio, unha das pezas mais importantes da estructura patriarcal, por cuanto que ten a mision de dar continuidade ao pasado e á estirpe e de procriar a eito sen espírito de criacion, case deixou de funcionar. Semellaria que esa institucion está acabada, sobretudo porque as mulleres estan menos dispostas que antes a aguantar e calar. Mas a ansia por casar, ou o sentirse obrigado a facelo, segue igual, e con mais forza talvez que antes, e a institucion matrimonial ou de parella segue sendo tan patriarcal como sempre. As mulleres seguen traendo fillos ao mundo para darllos ao varon, é dicer, ao clan del e non ao dela, e non semella que se decaten, nen as mais feministas dentre elas, de que eses fillos que elas teñen levarán o apelido do pai e non o da nai, e que iso significa que o patriarcado continúa igual de forte que sempre.

Advertisements
Advertisements
%d bloggers like this: