Para que é o matrimonio?

O tradicional foi, até tempos recentes, que as familias amañasen os matrimonios, e ainda se fai así en moitas culturas e moitos países. O matrimonio tivo sempre como motivo principal a reproducción das familias dos varons. Nunca se fomentou que servise para empezar algo novo, porque iso é o que o patriarcado evita por todos os meios. O patriarcado ancora no pasado e tenta dominar e controlar o futuro para que nada mude de fondo e as estructuras tiránicas e dictatoriais sigan igual, e usa a familia e o matrimonio para conseguilo.

Como entran o varon e a muller no matrimonio? O tradicional foi que o varon, para casar, buscase unha muller que encaixase na familia del ou a subise de categoria, e que lle dese fillos. O habitual foi que o ¨sexo¨, que agora se considera unha das razons para que o varon case, para ¨telo na casa e cando quer¨, se buscase fora da casa. Que os homes fixesen iso estivo sempre ben visto e favorecido pola sociedade: ¨o home é home e ten necesidades¨, necesidades que unha muller ¨decente¨ non podia satisfacer e que só unha variedade de mulleres podía facelo. Ter outras mulleres, amais dunha esposa ou varias, foi o normal. A infidelidade dos homes considérase normal no patriarcado e foméntase e apláudese, porque é unha maneira mais de lles tirar importancia ás mulleres e de humillalas e facerlles ver o pouco que valen.

A nai tradicional do patriarcado non se opon a esa conducta masculina de ¨usar e botar fora¨ mulleres e mesmo a impulsa. O lóxico seria que como muller defendese ás mulleres e se solidarizase con elas, mas aí entra a contradicion entre a inferioridade que o patriarcado decreta para a muller, e que ela sinte como esposa e sentiu como filla e irmá, e a superioridade e o dominio que lle outorga como nai de fillos varons, para que inflúa no sentir e a mentalidade deles e os eduque nas normas patriarcais. Ainda que se sinta doída e frustrada coa sua situacion de esposa, como nai insire nos fillos varons a ideia de que as demais mulleres non valen nada e non merecen respeito. A sua mision é transmitir o machismo e a misoxínia que o patriarcado precisa para estabelecer como naturais e adentrar moi fondo a inxusticia, a xerarquia e a desigualdade.

Advertisements
Advertisements
%d bloggers like this: