O matrimonio tradicional

O matrimonio tradicional, que é o patriarcal e o que se impon en nome de todas as relixions, é unha union oficial entre varon e muller que ten como fin a reproducción, traer fillos ao mundo para dar continuidade á familia. A suprema importancia desa finalidade está confirmada no feito de que a incapacidade dunha muller para dar fillos a un home foi motivo de repúdio e expulsion en case todas as épocas e culturas.

No matrimonio tradicional espérase que o cabeza de familia, o varon, mande na muller e nos fillos e se encarregue deles desde o ponto de vista económico. O home deberá ser forte e marcar o paso, e a muller deberá adaptarse e ir detrás del levando os fillos con ela e ensinándolles tamben a adaptarse e respeitar a autoridade absoluta do patriarca que lle ven por liña directa do Patriarca divino. As mulleres foron espoliadas e despoxadas de todos os direitos económicos (até hai pouco o marido tiña todos os direitos e a esposa nengun) e tratadas pola lei como menores en necesidade de tutela polos homes, para que tivesen que casar. Esa union entre varon e muller é para engadir unha póla mais ao tronco da Familia formada por varons que transmiten o apelido e a marca de fábrica. Os fillos nascen para os pais, son propriedade deles, e a muller nasce para ¨axudar¨ ao varon e para servir á familia masculina.

O funcionamento de todo iso conséguese educando ao varon para que se sinta superior ás mulleres e as vexa ou como obxetos sexuais destinados a lle dar pracer e seren logo desbotadas e humilladas, ou como ¨a nai dos meus fillos¨, nunca como seres individuais con personalidade e luz propria, sempre en funcion dos varons e a familia. As mulleres foron educadas para ver o varon como superior, mas tamben manexável e anulável unha vez atrapado na rede da familia, na que en realidade está, xa desde que nasce, mais atrapado psicolóxicamente que a muller. O varon é educado para que domine ¨en cantidade¨ e a muller é educada para que domine ¨en calidade¨, un a un, e para que ampute e anule ás outras mulleres, fillas incluidas, e aos fillos varons. O patriarcado precisa que tanto o varon como a muller fiquen anulados e anulen aos fillos. Así conséguese unha sociedade humana que funciona mal desde a familia até as capas mais altas da política nacional e internacional, porque esas pautas e esa inimizade e ansia de dominio e anulación do outro que se estabelece no matrimonio patriarcal repítense logo en todas as estructuras políticas, sociais e económicas.

Advertisements
Advertisements
%d bloggers like this: