Radica a superioridade dos homes no órgano viril?

Foi sempre tentador pensar que son as diferencias físicas e fisiolóxicas as que decretaron a superioridade dos homes e a inferioridade das mulleres. O patriarcado usa a diferencia, sexual, de cór de pel, de diñeiro, de raza ou calqueira outra, para asentar pautas de superioridade, inferioridade e xerarquia. Decretou que o home era superior e logo buscou as ¨probas¨. Pois que así está decretado, a muller dentro do patriarcado sempre será inferior, faga o que faga e teña o que teña. Aos homes non se lles da mais importancia porque teñan o órgano viril ou, dito da forma mais habitual e vulgar, ¨porque teñen pito e mexan de pé¨. Se os homes tivesen vaxina e as mulleres pénis, as ¨probas¨ e a propaganda da superioridade masculina terian sido as contrárias. A adoracion fálica teria sido sustituida pola adoracion vaxinal. Se fosen as mulleres as que tivesen o falo, ese órgano teríase ridiculizado dicindo que era precário, pouco de fiar e propenso ao mau funcionamento, amais de cómico e feio, e que a vaxina era forte, fermosa, resistente e potente. Se fosen os homes os que menstruasen, non se teria visto a menstruacion como sinal de impureza e inferioridade e até como castigo dos deuses, como se viu para as mulleres, senon que se teria glorificado e apresentado como premio e sinal de superioridade. E se fosen os homes os que tivesen os fillos, teríase visto como a proba contundente da sua superioridade nata e da grande aportacion que facian ao mundo e á humanidade en comparacion coas mulleres, que non valian para nada.

O varon non é superior no patriarcado polo órgano viril ou porque teña mais forza física, como se dixo tantas veces, senon porque se decretou, contra toda lóxica e razon, que fose ele é o continuador da familia e o que transmite o apelido. Un dos pilares do patriarcado é que sexan os homes os que transmiten o apelido. Se fosen as mulleres as que o transmitisen, terminaria a preferencia por ter fillos varons que perpetúen a estirpe, e iso libertaría tamen aos homes. Ainda que a transmision do apelido satisfaga a sua vaidade e lles faga crer que son importantes, é o que mais os obriga, suxeita e castra.

Advertisements
Advertisements
%d bloggers like this: