As mulleres colaboran có patriarcado

Foi típico do feminismo das últimas décadas pintar aos homes como os únicos culpáveis de todas as disgrácias que lles sucederan ás mulleres, e a elas como víctimas e santas que non tiñan culpa de nada. Mas é imposível que unha metade dos habitantes do mundo maltratase á outra metade por tanto tempo, e en todas as culturas e todos os países, sen que houbese colaboracion entre as duas partes. Tamben foi típico dese feminismo buscar unha igualdade entre homes e mulleres que se basou na aceitacion e até admiracion de todo o que fixeran eles e levou a querer que as mulleres se incorporasen a ese mundo masculinista sen cuestionalo.

Negarse a admitir que as mulleres podan contribuir á diferencia de trato que receben a muller e o home elimina elementos fundamentais da situacion e fai imposível analizar o problema. E a aceitacion e admiracion, consciente ou inconsciente, do mundo masculinista leva a que se permita que haxa algunhas mulleres que podan actuar e até destacar no mundo dos homes, pero funciona en contra das mulleres en xeral e indica pouca ou nengunha crencia nelas.

A muller colabora no patriarcado desde o papel de nai, e esa colaboracion é tan importante que sen iso o patriarcado se desmoronaria. Se as nais deixasen de colaborar e de inserir nos fillos e nas fillas as pautas patriarcais, nunha xeracion desaparecerian o machismo e a misoxínia e as grandes desigualdades da sociedade humana.

A que se debe esa colaboracion? Todo o mundo admira a superioridade e quer sair da inferioridade. Ese impulso non é de seu indesexável e pode propiciar o progreso individual e colectivo. Mas nun sistema como o patriarcado, que impon desde o momento mesmo en que nascemos inferioridade e superioridade natas e xerarquía indiscutível, ese impulso está canalizado para que só se poda obter superioridade anulando aos demais.

A muller nasce na familia patriarcal inferior ao home e só poderá subir algo na escala de inferior a superior sendo nai de fillos varons. As fillas foron sempre, en todos os países e todas as culturas coñecidas, unha disgracia e un castigo dos deuses. Había que ter fillos varons porque o patriarcado dictou que fosen eles os que transmitisen o apelido e con iso desen continuidade á familia e criasen estirpe. As nais colaboraron nese xogo porque as fillas eran un producto de má calidade que as diminuía a elas. Ter fillos, en cámbio, outorgáballes superioridade e era un sinal de beneplácito por parte das autoridades divinas. Có culto á nai que forma parte fundamental do patriarcado conseguiuse que as mulleres colaborasen e entregasen os fillos ao sistema.

Advertisements
Advertisements
%d bloggers like this: