A influencia de nai

O patriarcado non quer mulleres con cultura e formación intelectual. Na gran maioría dos países a educación é só para os fillos varons, e así foi no mundo inteiro até tempos moi recentes. O patriarcado precisa mulleres sen cultura, sen recursos e sen formación intelectual, que actúen levadas por emocions e sentimentos embarallados e sexan así doadas de manexar polo sistema. O resultado son unhas nais que teñen moita influencia nos fillos, sobretudo nos varons, e que usarán esa influencia para anulalos. Esa influencia da nai é esencial para manter o patriarcado.  A nai é a principal bisagra do sistema e sen a sua colaboración o patriarcado non podería existir.

A nai é a que insire e transmite  a inxusticia, a idea da superioridade e inferioridade nata e a xerarquía  que impón o patriarcado mediante o culto ao masculino, o desprezo do feminino e adoración ao poder e á autoridade. Así adquire ela a única categoría que lle outorga o sistema. Por medio dos fillos varóns entra no mundo superior, o masculino, e deixa atrás o feminino no que naceu. Deixa de ser inferior como muller para ser superior como nai de fillos varons, e adquire a inmensa influencia emocional sobre eses fillos que o patriarcado precisa para asentarse.

A nai naceu dentro dunha familia e unha sociedade que a inferiorizou por ser muller e a programou para considerar todo o masculino superior e todo o feminino inferior. Verá as fillas como inferiores por seren mulleres tambén e usará o poder e a categoría que adquire como nai para afastarse da inferioridade feminina e entrar no mundo masculino por medio dos fillos varons. Esa figura materna que é inferior por ser muller, e ao mesmo tempo superior e ídolo por ser nai, cría unha grande confusión nos fillos, sobretudo nos fillos varóns, que receben unha imaxen contradictoria das mulleres e de todo o feminino, ao teren unha nai que é muller pero inimiga das outras mulleres e que non só aceita o dominio do masculino e dos homes, senon que colabora e empurra aos fillos a que o teñan. E que, ainda que sexa muller e inferior, os domina a eles, os fillos varons, e os anula como homes, porque non aprecia o masculino de verdade e o que fomenta é a ¨masculinidade¨ que inventa o sistema. O patriarcado precisa que os homes anulen ás mulleres, mas tamén precisa que os homes estén anulados, e esa é a tarefa que lle corresponde á nai, que ten que amarralos e quebralos para entregalos ás autoridades e á sociedade estabelecida.

 

Advertisements
Advertisements
%d bloggers like this: