Sexo e amor

O masculino é cerebro e o feminino é sentimento, os homes buscan ¨sexo¨ e as mulleres buscan amor. O ¨sexo¨ e o amor estan segregados e distorcidos polo patriarcado e usados para conseguir poder e anulacion.

O ¨sexo¨ é fundamentalmente un instinto e os instintos son fortes, mas nos humanos non funcionan coa clareza, moderacion e exactitude con que funcionan nos animais. Estan mesturados con influencias culturais e teñen que conviver có espírito e o poder de criacion, e iso fai que haxa que aprender a usalos. Os animais non comen mais do que precisan e saben o que deben ou non deben comer. Nos humanos o instinto queda afogado por outras influencias que nos levan a comer de mais ou de menos e a querer o que nos fai dano. O instinto pódenos avisar, igual que aos animais, do perigo, ou de cuais pesoas nos van facer mal, pero o habitual é que racionalicemos e desbotemos eses avisos porque non estamos afeitos a entender e usar ben os instintos.

O patriarcado impon a procriacion e esmaga a criacion. Todo está ao servicio do deber de procriar, para o cual o ¨sexo¨ é o mais importante.  O home ten no patriarcado o rol principal de continuador da familia e transmisor do apelido e a estirpe. Precisa ter fillos para cumprir o seu destino e demostrar masculinidade e superioridade. Nese contexto o impulso sexual non pode funcionar como un instinto e funciona suxeito ás normas patriarcais, como instrumento de mando e posesion. A idea de que un home posúe a unha muller cando ten relacion sexual con ela non pode vir do instinto e é imbuida polo patriarcado. Nengunha muller se sentirá nunca posuida por un home con ese acto físico, ainda que as fantasias sexuais que acompañan á sexualidade humana podan levar a pensar outra cousa.

Seria moi útil saber se toda a humanidade ten as mesmas fantasías sexuais e masturbatorias ou se esas fantasias teñen elementos culturais fortes. Sábese pouco das fantasias sexuais porque a masturbacion segue sendo un tema tabu. O patriarcado non pode permitir que o impulso sexual que precisa para que se procríe a eito se gaste en actividades controláveis e inofensivas. As interpretacions patriarcais que se fixeron das relixions axudaron a que se perseguira o ¨vicio solitario¨ e se forzase a ter relacions sexuais, en parte para correxir ese temido ¨vicio¨. O patriarcado decretou que a única maneira de chegar a ser ¨home¨ ou ¨muller¨ era tendo relacions sexuais. O vicio solitario non levaba a procriar, e iso non se podia consentir.

Como os soños, as fantasias masturbatorias semellan ser un mecanismo de  ordenamento e  eliminacion, de arranxo inconsciente das posibilidades, boas e más, do desvan do inconsciente e da realidade. Non responden ao mais íntimo do noso ser e ao que de verdade queremos. Unha fantasia masturbatoria de violacion e abuso non significa nen de lonxe que ese sexa un desexo íntimo e seguramente é unha maneira de desfabricar o que menos se quer na realidade.

O sistema patriarcal forzou aos homes a que confundisen as fantasias sexuais coa realidade e a que pensasen que habia que levalas á práctica para seren ¨homes¨. E tamben a seren posesivos e a crer que a ¨posesion¨ sexual dunha muller lles daba coñecimento da natureza mais íntima e real dela, cando o certo é que o ¨sexo¨, mesmo porque é un instinto colectivo, funciona no ámbito do inconsciente e é de seu impesoal e o que menos responde ao verdadeiro ser dun home ou dunha muller. 

Advertisements
Advertisements
%d bloggers like this: