Cerebro e corazon

O patriarcado infundiu a idea de que o masculino é mais intelixente que o feminino e que os homes son cerebro e as mulleres corazon. Parte fundamental do sistema foi decretar a inimizade e incompatibilidade radical entre eses dous principios, nunca declarados no mesmo nivel porque o que se queria era segregar e estabelecer xerarquia indiscutível e superioridade e inferioridade nata.

Preceitouse que os homes eran o sexo forte e as mulleres o sexo fraco, o masculino superior e o feminino inferior, e inventáronse unha masculinidade e unha feminidade que respondesen ao que o sistema precisaba para criar estructuras de poder absoluto. O home, para ser masculino, tiña que impor a vontade dele pola forza e non cultivar o sentimento, que era cousa de mulleres. A muller, para ser feminina, tiña que renderse ao home, afagalo e admiralo como superior, e non cultivar o cerebro e o intelecto, que era cousa de homes. En nome desa diferencia fundamental deixouse ás mulleres sen instrucion nen educacion,  que eran un estorbo para o destino que tiñan marcado.

O cerebro e o sentimento funcionan o mais do tempo de maneira automática. Hai que traballalos moito para que saian do automatismo e compreendan e perceban sen limitarse a repetir o que foi inserido neles. A maioria das opinions que temos e das decisions que tomamos estan implantadas no noso cerebro e sentimento pola familia, a sociedade, o país e o mundo no que nascemos. Para que sexan nosas de verdade hai que sair do automatismo e traballar e educar as faculdades do intelecto e do sentir.  

A  division inconciliável entre o masculino e o feminino e entre cerebro e corazon amputou a intelixencia auténtica, que precisa que o intelecto e o sentimento funcionen unidos e no mesmo nivel, e fixo imposível cultivar o xuizo, que o cerebro isolado non pode acadar e o sentimento desaxudado polo intelecto tampouco.

O desprezo do sentimento trouxo falta de tino e de xuizo, e iso explica que non se saiba organizar o mundo da mellor maneira para todos e que, a pesares dos grandes adiantos que en tantas materias houvo e que deberian ter feito a vida mais grata, siga prevalecendo o xuizo falso e o erro sistemático.  As guerras son unha mostra en grande escala do mal xuizo que domina o mundo e da falta de intelixencia e discernimento que impera nas relacions internacionais, que é onde funciona o patriarcado con mais intensidade.   

Advertisements
Advertisements
%d bloggers like this: