Para que son os fillos

Son os fillos para os pais ou os pais para os fillos?

O lóxico seria pensar que son os pais os que teñen que coidar dos fillos e responsabilizárense deles, mas o patriarcado virou ao revés algo tan esencial e natural como iso e instituiu que eran os fillos os que tiñan que se responsabilizaren dos pais.

O tradicional foi sempre pensar que os fillos eran para que os pais tivesen quen coidase deles de vellos.  Nas sociedades mais adiantadas iso mudou algo nos últimos tempos, mas o que non mudou é o de que os fillos son para os pais e non os pais para os fillos. Agora os fillos son para ¨ter algo que sexa dun¨, para que o apelido e a dinastia continúen, para compracer aos avós, que insisten en que se lles dé un neto, para ter ¨alguen que nos ame incondicionalmente¨ ou  para seguir a corrente e facer o que se espera de nós. Os fillos son ¨bebés¨, e a sociedade se encarrega de que non se vexan de outro xeito para que non adquiran personalidade. Considérase razon excelente para ter fillos, a mellor quizais,  ¨gostar dos nenos¨, sen pensar que eses cativos van selo por pouco tempo. Nas sociedades mais adiantadas é nas que mais se cultiva o sentimentalismo do ¨bebé¨. Deses ¨bebés¨non se espera nen se quer que engadan nada novo ao mundo.

O patriarcado non permite que o espírito criador entre en nada e imposibilita que se vexa o de ter fillos como un labor de criacion e non de reproducion. Ver os fillos como labor de criacion eliminaria a repeticion, a imitacion e o automatismo que imbúe o patriarcado e levaria a que se respeitase e potenciase o valor de cada ser humano. Levaria tamen a que se aceitase e acollese de boa gana o cambio, e a entender a relacion armoniosa entre o pasado, o presente e o futuro que é preciso estabelecer para que haxa auténtica evolucion e non o paso sen sentido dunha cousa a outra sen que se saiba por que nen para que.

Esa pauta de que os fillos son para os pais e non ao revés repítese logo na relacion có lugar no que se nace e na idea de patria. A patria pode exixir sacrificios, todos os que quera, incluido o da vida cando manda os fillos a facer a guerra e a morrer por ela, mas ela non ten que se responsabilizar polo benestar material e espiritual deles. Que sexa case imposíbel de imaxinar como seria o mundo se os países e as nacions se responsabilizasen dos ¨fillos¨da idea do afincados e interiorizados que están os padrons do patriarcado .

Advertisements
Advertisements
%d bloggers like this: