Para que nacemos

Na familia patriarcal nacemos para adaptármonos a esa familia primeiro e depois á sociedade xa estabelecida. Tráense fillos ao mundo para ¨cumprir¨ e obrigalos a que ¨cumpran¨ facendo o que está mandado. O mandato principal  é o de procriar; calquer outra cousa é unha ameaza para o sistema que se arranca de raiz.

O patriarcado non admite que o valor principal da humanidade sexa a capacidade criadora. A criacion supon cambio e vision de futuro, e o patriarcado non quer cambios nen que se constrúa o futuro. Ancora no pasado para asentar unha sociedade ríxida e inamovíbel na que se manteña a superioridade e inferioridade nata e a xerarquia entre as elites e os demais, que non son nada. Iso faise desde a familia, na que os fillos son propiedade dos pais, non teñen direito a nada e non teñen valor de seu mais que o que lles outorgue a propia familia, polo que deben agradecer todo o que se lles da, e xa se lles da abondo con traelos ao mundo e concederlles a vida. Cuestionar o amor e a boa intencion dos pais  é infraccion que non se tolera, porque no sistema patriarcal non pode haber maus pais e más nais: só hai maus fillos e más fillas, que son os que desobedecen e non respeitan a autoridade.  Os fillos teñen que respeitar e venerar aos pais, mas os pais non teñen que respeitar aos fillos. Esa pauta repítese logo na política nacional e internacional, dirixida sempre polas elites para as elites, e que non se cuestiona porque a subxeicion ás autoridades e o sentimento de que son superiores estan inseridos moi adentro. Se ese culto ás autoridades non estivese tan adentrado, non se toleraria no ámbito nacional e internacional o que non é mais que un sistema despótico, mafioso e absolutista.

A doutrina da piedade filial é un dos pilares do patriarcado, e practicouse con fervor en todas as sociedades de todos os tempos e todas as relixions. Tanto se exige a piedade filial na familia europea como na africana, na musulmana como na cristiana, na confuciana como na atea. O patriarcado exixe que os fillos se domen e se domestiquen, que se amputen e anulen para que permanezan apresados e se resignen a integrarse nunha sociedade que impulsa á reproducion automática para que non haxa criacion.

 

  

Advertisements
Advertisements
%d bloggers like this: