A supremacia do masculino

O patriarcado estabelece que o masculino é superior ao feminino, e o home superior á muller. Podía ter decidido o contrario, que o feminino fose o superior, e talvez teria funcionado igual, porque o obxetivo era asentar xerarquia inamovíbel desde o comezo mesmo da vida,  sementar inxusticia impondo a idea e o sentimento de superioridade e inferioridade nata, e deixar sen direitos a metade da humanidade.

Na familia patriarcal o patriarca, home e superior nato, ten mando absoluto sobre as mulleres e os fillos, que teñen que admitir esa autoridade e obedecer. Se non o fan, merecen castigo e expulsion. Están aí todos os elementos da dictadura e dun microestado policial que logo se repite no funcionamento dos países e do mundo internacional.

Esa división que fixo o patriarcado cando decretou a superioridade nata do masculino e inferioridade do feminino deixou xa de golpe a metade da humanidade, as mulleres, sen direitos e escravizadas. O patriarcado usurpou os direitos das mulleres até tal ponto que as infantilizou para sempre e as deixou por lei menores de idade eternas. Como nunca poderian chegar ao estado adulto, tiroulles o direito a teren propiedades, que pasaron de varon a varon, de pai a marido, e deixounas sen voz nen voto no funcionamento da sociedade. Isto segue sendo así nunha grande parte do mundo. Só se empezou a correxir algo hai pouco nos países mais adiantados.

Deixouse fóra de xogo o feminino para montar un sistema monolítico no que non puidese haber  diferencia nen ¨oposicion¨.  Esa amputacion do feminino tivo o efeito na sociedade humana de facela pouco intelixente e nada criativa. Impediu a dinámica entre o masculino e o feminino que é precisa para que haxa criacion e esmagou tanto o feminino como o masculino, porque eses dous principios precisan o contraste e o diálogo entre eles para se desenvolveren. O que xurdiu foi unha ¨masculinidade¨ e unha ¨feminidade¨inventadas para afincar o sistema. E, ainda que o patriarcado deulle supremacia ao home e tratouno mellor, anulouno mais que á muller.

Advertisements
Advertisements
%d bloggers like this: