A familia patriarcal

A familia patriarcal

É case automático confundir o patriarcado có machismo e o sexismo e pensar que foron os homes os que o implantaron para submeter ás mulleres, mas a suxeición das mulleres é só un elemento do sistema. O patriarcado é un sistema de organizacion da sociedade, unha estructura ríxida de poder que serve para que alguns manden e outros teñan que obedecer. O sistema estabelece inferioridade e superioridade nata e xerarquia, e iso xa se aprende na familia, có mando absoluto dos pais sobre os fillos e a superioridade do masculino sobre o feminino.

 Como empezou o patriarcado non se sabe. Semella terse implantado case desde o comezo da historia en todas as sociedades e todas as culturas. É probável que os mais vellos fosen arrebañando poder e direitos para eles até que deixaron sen nada aos que viñan atrás, e que se criase así un mundo de poderosas elites que escravizaron aos demais. E as versións patriarcais que se fabricaron das relixións valeron para xustificalo e asentalo con mais forza.

A familia patriarcal insire nas mulleres e nos homes a idea e o sentimento de superioridade nata e de xerarquía natural. Nesa familia o varón nasce superior e a muller inferior. O varón nasce para ter mando e a muller para ser subordinada. O varón nasce estrela con luz propia e a muller nasce satélite, escura e para servilo a el e á familia. O patriarcado impón nos homes o rol de continuadores da familia e para iso outórgalles mando e privilexios, mas córtaos pola raiz e ampútalles as faculdades, pior ainda que ás mulleres. O patriarcado da ao varón liberdades e impunidades, mas non lle permite independencia, porque precisa que no se despegue da familia na que nasce.

O natural sería que os pais fosen para os fillos, mas o patriarcado instituiu a perversidade de que os fillos sexan para os pais. A constante usurpación de direitos que se da no patriarcado empeza na institución básica do sistema, a familia patriarcal, na que se usurpan os direitos das mulleres e dos fillos. E logo ese modelo cálcase en todo o funcionamento da sociedade.

Os fillos non só nascen sen direitos, senon coa carga dunha dívida impagável cós pais que ¨lles deron a vida¨. Canto mais forte é o patriarcado nunha sociedade, mais pesa nos fillos o sentimento de culpa cós pais por non lles poder pagar nunca o que se lles deve, e esa culpabilidade os torna débiles e lles tira recursos.  A sociedade patriarcal alenta a tirania das autoridades da familia e que se lles consinta todo. Así se mete até o fondo o ¨respeito¨ e a gratitude ás autoridades todas, e esa é a misión da familia patriarcal: servir de base para unha sociedade na que a maioría ceda ao que dicten e fagan as elites e non se cuestione a autoridade.

Esa pauta está clarísima na política internacional e nas relacións entre países, que é onde funciona o patriarcado sen disfarce. Os que gañan as guerras tomando á forza e usurpando direitos son os que receben respeito, aplauso  e admiración. O patriarcado adoutrina e debilita desde a familia para conseguir que non haxa rebelion contra a usurpación de direitos e que se consinta a tirania.   

Advertisements
Tagged , ,
Advertisements
%d bloggers like this: