O patriarca

O patriarca encabeza o patriarcado. É varón, pai e recebe o mando dunha figura divina, o Patriarca máximo que desde os ceos goberna a terra e vixía para que todo se faga como el quer. Premia aos que obedecen e expulsa e castiga aos que non cumplen o mandado.

Pode que nestes momentos nas sociedades máis adiantadas esté algo esquecido isto do Patriarca divino, pero a crencia nun ser superior, masculino e pai, que premia aos ben mandados e castiga aos rebeldes, segue viva,  e sen ela o patriarcado perdería a forza que lle ven da súa orixe ¨divina¨.  Ainda que custe crelo, onde funciona o patriarcado con máis forza e claridade é na política internacional, nas relacións entre países, e resulta moi instructivo observar como cando hai guerra ou se están preparando as cousas para que a haxa, impóñense sen disimular os padróns patriarcais de sacrificio, obediencia e aniquilación dos malmandados  e até os dirixentes dos países máis civilizados e adiantados  falan de que foron escollidos polos deuses para a tarefa e tentan xustificar a guerra coa liña directa entre Deus e eles, como fixeron en tempos recentes Blair e Bush na guerra do Iraque e como sempre fixeron as mulleres ¨patriarcas¨  como Isabel ¨a católica¨ e Margaret Thatcher.

O patriarcado cría unha liña masculina de superioridade nata e de orixen divino que pasa dun deus varón ao pai humano, e de pai a fillo varón. Asenta como principio básico a superioridade indiscutíbel do masculino e a inferioridade do feminino. O lóxico e natural sería que a liña de sucesión fose feminina, pero o patriarcado conseguiu que, ainda que o varón non dese a vida, el fose o que tivese o mando absoluto sobre esa vida. O masculino vira nese sistema o principio de continuidade e asentamento da estirpe, e o feminino non ten máis valor que o que adquira axudando a ese principio e colaborando con el mediante a anulación propia.

Isto segue tan vivo hoxe como antes. O varón é o encarregado de dar continuidade  e poder á familia e á estirpe, o que transmite o apelido, a marca da familia, e sobre el recae esa obriga. É a peza básica da familia patriarcal, porque as mulleres non contan mais que como nais de fillos varóns, e estes tampouco contan até que cumplen o rol de patriarcas. Esa é a razón fundamental da preferencia polo fillo varón en todas as culturas do pasado e do presente, e a principal razón do desprezo polas fillas, que por moito que fagan nunca poderán ser varóns e transmitir apelido e raza, estirpe, ascendencia e descendencia. Pensemos o diferente que tería sido o mundo,  e canto sofrimento e inxusticia teríase evitado, se fosen as mulleres as que transmitisen o apelido e a ¨marca¨ da familia. Chama a atención que nunca se solicitase, que non fose motivo de protesta e que nen sequera o feminismo o reivindicase.  Que os homes  non quixeran cambialo se entende, pero, por que as mulleres non protestaron nen protestan? Ten que haber unha razón moi poderosa para que así sexa.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

w

Connecting to %s

Advertisements
%d bloggers like this: